Imprimir esta página

Aula TIC PYMEs de la USC

A Aula TIC PEMEs anuncia a nova edición do seu obradoiro virtual sobre CRM


Publicado: mércores 16 de outubro do 2013
Actualizado: xoves 10 de outubro do 2013

Autora o autor

Dende o día 2 de novembro de 2013 e até o o 15 de decembro de 2013 celebrarase dende o campus de Lugo a sétima edición do Taller Virtual sobre Xestión de Relacións con Clientes (CRM), baseado na ferramenta de software libre vTigerCRM. Segundo informan os organizadores desta actividade formativa (a Aula TIC PEMEs da Universidade de Santiago), do mesmo xeito ca nas anteriores edicións constituirase un obradoiro eminentemente práctico e en liña. O curso, dirixido a particulares, autónomos e pequenas e medianas empresas, está composto por un total de 50 horas e inclúe un certificado acreditativo da dita Aula da USC unha vez que os participantes superen a actividade. O seu custe é de 100 euros e o prazo para inscribírmonos remata o vindeiro día 20 de outubro.

Durante o desenvolvemento deste obradoiro empregarase a aplicación web de software libre vTiger CRM. O contido do curso inclúe a instalación e posta en marcha da aplicación devandita, a familiarización coa contorna, a manipulación dos rexistros (contactos e empresas), o proceso de venda e postvenda, a xestión de inventario, as campañas de mercadotecnia, a análise dos datos, a configuración do administrador ou a posta en marcha do portal do consumidor, entre outros.

Como dixemos, estamos ante unha actividade de natureza práctica, baseada no emprego de programas de código aberto e impartido integramente en liña a través dun espazo virtual habilitado para tal efecto. A dinámica é a seguinte: cada semana proporanse unha serie de materiais compostos sobre todo por vídeo titoriais explicativos das temáticas descritas no parágrafo anterior, de tal xeito que cada participante deberá revisar os materiais facilitados e completar as tarefas semanais para comprobar cal é o grao de aproveitamento dos módulos.


Fonte: Código Cero, 9 de outubro de 2013.



Aula TIC PYMEs de la USC

Dirección web de este artículo:  http://aulaticpymes.es/./?A-Aula-TIC-PEMEs-anuncia-a-nova