Imprimir esta página

Aula TIC PYMEs de la USC

O software libre é maioritario nas empresas TIC galegas


Publicado: martes 14 de xuño do 2016
Actualizado: mércores 1 de xuño do 2016

Autora o autor

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), fixo públicos dous estudos sobre o uso de Software libre nas empresas e no sector TIC de Galicia durante o ano 2015.

Estas publicacións amosan que o uso de Software Libre en empresas galegas de máis de 10 traballadores sitúase no 85%, superior a comunidades como Madrid, Cataluña ou o País Vasco. No caso de microempresas, a porcentaxe sitúase no 52,1%, incrementándose respecto ó ano 2014.(...)

Os programas libres con maior implantación nas empresas galegas seguen a ser os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas.

O Software Libre é maioritario no que se refiere a software para a “Xestión de contidos web”, superando ao Privativo en 16,7 puntos porcentuais. Tamén destacan as aplicacións de Software Libre relativas a “Educación e formación a distancia”, “Desenvolvemento de software” e “Aplicacións de deseño gráfico”.

Por outra banda, o Software Privativo salienta no caso de aplicacións de “Xestión de correo”, “Antivirus e seguridade”, “Ofimática” e as de “Xestión empresarial". (...)


Fonte: Xente Dixital, 30 de maio de 2016



Aula TIC PYMEs de la USC

Dirección web de este artículo:  http://aulaticpymes.es/./?software-libre-maioritario