Imprimir esta página

Aula TIC PYMEs de la USC

O programa Fábrica Intelixente colle impulso coa segunda convocatoria de 2019


Publicado: Martes 9 de julio de 2019

Autora o autor

Xa está aberto o prazo para participar na segunda edición do programa Fábrica Intelixente, convocatoria 2019, impulsado pola axencia GAIN da Consellería de Economía cun crédito de 6,4 millóns de euros.

O obxectivo deste programa, que pecha a recepción de solicitudes o 31 de xullo, é apoiar proxectos de innovación e desenvolvemento que fagan avanzar a nosa terra en materia de Industria 4.0.

As destinatarias destas axudas son empresas “capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico ou agrupacións dunha empresa ou empresas cun organismo de investigación, ambos con centro de traballo en Galicia”.

O tipo de proxectos a cubrir con financiamento son de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, individuais ou en cooperación, cun orzamento de entre 2 e 10 millóns de euros. A intensidade das axudas varía en función do tipo de proxecto e do tamaño da empresa, podendo chegar ata o 80%.

Entre as principais novidades desta edición destaca a redución do orzamento mínimo dos proxectos (de 4 a 2 millóns de euros) para permitir unha maior participación das PEME e o aumento do prazo de execución dos proxectos (de 2 a 3 anualidades).


Fonte: Código Cero, 9 de xullo de 2019



Aula TIC PYMEs de la USC

Dirección web de este artículo:  http://aulaticpymes.es/./?o-programa-fabrica-intelixente